domingo, 13 de novembro de 2016

V Simposio Reveriano Soutullo (Ponteareas, Conservatorio de Música)

Os obxectivos do V Simposio Reveriano Soutullo
Moitas das achegas das mulleres á historia da música galega foron esquecidas debido ao papel que as mulleres ocupan na sociedade, cidadá de segunda en diferentes aspectos, e ás que se lles nega o voto nas urnas ata 1932.
Dedicamos a primeira xornada do simposio a lle dar visibilidade á presenza da muller na música galega ata o primeiro terzo do século XX. Achegámonos a unha análise dos papeis que desempeñou, a través das investigacións realizadas por varias estudosas da música, ás que se unen as realizadas pola Fundación Reveriano Soutullo.
Trátase de dar un paso cara á visibilidade da muller na historia da música. Somos conscientes de que falta moito por facer e de que se está ao principio do camiño.
Unimos pasado e presente e, como homenaxe á muller, o simposio ofrece dous concertos, o do grupo de gaitas do mosteiro de Pexegueiro e o das andeireteiras da serra do Suído, mulleres que recompilan cancións do municipio do Covelo, cantadas polas súas nais e avoas nos seráns, labranzas e merendas.

A segunda xornada céntrase na recuperación da obra de Soutullo, un dos obxectivos prioritarios da Fundación Soutullo, e no que aínda falta moito por facer. Acompañan os traballos de divulgación, edición e recuperación do patrimonio, que abordamos desde diferentes ángulos.
O obxectivo é tamén darlle visibilidade, nesta segunda xornada, á música de Soutullo. E darlle visibilidade permite sempre un enfoque máis amplo, real e xusto na historia da música galega.
Pechamos coa presentación das bases do primeiro certame de piano Reveriano Soutullo, que se celebrará na primavera do próximo ano 2017, no que Alejo Amoedo interpretará as dúas obras obrigadas desta primeira edición.

O papel da muller na música ata o primeiro terzo do século XX
Sábado 19 novembro 2016
Coordina: Rafael Pérez Dopeso
10:30 - Presentación do V Simposio.
11:00 - Lorena López Cobas. A presenza invisible: a proxección musical da muller no século XIX en Galicia.
11:50 - Rosario Martínez  Martínez e Beatriz López-Suevos Hernández.  Eugenia Osterberger. Compositora do século XIX.
12:40 - Fundación Reveriano Soutullo Otero. Incursións e realizacións  da muller no  mundo da  música en Galicia (primeiro  terzo do século XX).
13:30 - Concerto: O mosteiro de Pexegueiro (Tui).

Coordina: José Manuel Solleiro Rodríguez
16:30 - Carmen Losada Gallego. Evolución do paradigma da muller pianista en Vigo (1857-1936).
17:20 - Mª Rosa Arija Soutullo. As mulleres no campo da composición na chamada Era de Prata.
18:10 -  Isabel Blanco Franco. As mulleres e a música: as voces silenciadas.
19:00 - As pandeireteiras da serra do Suído (O Covelo). Traballo de campo e concerto.
20:00 - Peche  da xornada e recoñecementos.

A recuperación da obra de Soutullo
Domingo 20 novembro 2016
Coordina: Xavier Jurado Luque
10:30 - Xavier Garrote Cobelo. O arquivo musical da Banda Garrote-Ortigueira: Actuación na conservación do arquivo.
11:10 - Alejo Amoedo Portela. A obra de Reveriano Soutullo no arquivo musical da Banda Garrote-Ortigueira.
11:50 - Carlos Diéguez Beltrán. O proxecto da Banda Sinfónica Infantil de Galicia e a Fundación Reveriano Soutullo Otero.
12:30 - Mª Rosa Arija Soutullo. Novos camiños de investigación no  arquivo Garrote-Ortigueira para o traballo de recuperación da obra de Soutullo.
13:00 - Xavier Jurado Luque. O proceso da edición de Amores de aldea.
13:45 - Audición das obras de Soutullo editadas pola Asociación Nacional de Directores de Banda: Cidra e Balancé. Entrega das partituras.

Coordina: José Manuel Solleiro Rodríguez
16:30 - Fundación Reveriano Soutullo. A recuperación do patrimonio de Soutullo. A  prensa.
17:00 -  Roberto Conde Bouza.  O piano Montano do mestre Soutullo.
17:40 - Pablo Abreu Fernández. A presenza da editorial Soutullo-Villanueva nos arquivos da Banda Municipal de Vigo.
18:20 - José Manuel Solleiro. Estado das obras de Soutullo localizadas nos  aquivos da Banda Municipal de Vigo.
19:00 - Presentación das bases do primeiro concurso de piano Reveriano Soutullo.
19:30 - Alejo Amoedo Portela. Interpretación das obras obrigatorias do primeiro concurso  de piano.




Ningún comentario:

Publicar un comentario